Background

Sobre nós

A Leira 116 fai referencia a unha leira situada no km 116 do Camiño de Santiago Francés. A diario pasan centos de peregrinos por diante da Leira, pero a partir de agora, só uns poucos poderán durmir nela.

Situado a 1 km de Sarria, “O Carballal” atópase sobre un antigo castro celta. Utilizado antigamente como hospital de peregrinos e na actualidade habitado por tres familias: “A Casa do intre”, “A Casa do Leirón” e “A casa do Xaboneiro”.

O campamento turístico A Leira está situado nunha leira de 14.000 metros. Os seus lindes son unha carballeira ao norte e un piñeiral ao sur.

Respectando a vexetación da zona e utilizando materiais nobres como a madeira en case a súa totalidade, A Leira pretende trasladar aos seus hóspedes a un enclave único, no que a natureza, a terra, o descanso e o simple é o primordial.

É a recompensa ideal como fin de etapa, ou o comezo perfecto para iniciar a experiencia do Camiño de Santiago.

A Leira 116 é un destino para peregrinos, familias, parellas, amigos… todo o que queira gozar da natureza en estado puro, da tranquilidade e dunha contorna máxica no rural.

ÚNETE A NUESTRA NEWSLETTER