Normas reserva
Pode realizar a reserva on-line seleccionando o aloxamento desexado, data de entrada e de saída (segundo dispoñibilidade), habitación elixida, número de prazas e efectuar o pago do anticipo coa súa tarxeta de crédito/débito ou por unha transferencia bancaria.
Pode chamarnos por teléfono ao 699 517 564 en horario de 11:00 a 19:00, atenderémoslle de forma personalizada. Indicarémoslle como proceder para facer efectiva a reserva e realizaremos os trámites, remitiremos xustificante de pago e confirmación de reserva ao seu correo electrónico. aceptación da reserva dá por válidas e asumidas as condicións xerais que a continuación se especifican. En caso de anulación da reserva aplicaranse as seguintes porcentaxes de retención do anticipo realizado:
- 100% cando se anule 7 días antes da data de entrada.
O cliente comprométese ao pago íntegro dos días contratados, abonando o resto da estancia á súa chegada con pago no propio establecemento ou á súa saída mediante cargo en conta.
Para reserva no noso aloxamento, debe ter como mínimo 18 anos. O hotel pode negar a admisión aos clientes que viaxen xuntos se non hai polo menos un adulto con 18 anos cumpridos.
Normas estancia:
- Entrada a partir das 14:00h. Se chega máis tarde das 19:00, por favor, avísenos no seguinte número de teléfono 699 517 564.
- Saída antes das 11:00h. Se abandona a cabana fose do horario establecido, poderá supoñer cargos adicionais.
- O cliente comprométese a deixar o aloxamento en perfecto estado. Se se produce algún dano, o cliente debe comunicalo á menor brevidade posible.
- Non está permitido fumar no interior dos aloxamentos.
- Non está permitido queimar cera no interior das instalacións.
- As cabanas e glamping están dotados dun office de servizos cos elementos básicos (microondas, cafeteira e neveira).
- Garde silencio a partir das 23:00 horas para respectar o descanso doutros hóspedes.
Normas de uso interior
- Os aloxamentos están totalmente equipados para o alugueiro completo. O cambio de lenzaría realizarase diariamente en estancias dunha noite e cada dous días en estancias de dúas ou máis noites.
- O servizo de limpeza das cabanas inclúe: amenities, vaixela cafeteira e enxoval.
- O office está dotado de utensilios de limpeza (escoba, recogedor, bayeta dun só uso). Para os baños conta con secador de pelo, papel hixiénico e xogo de toallas que se encargará de repoñer o noso equipo de limpeza.
- Todas as cabanas teñen equipo de climatización.
Normas de limpeza e horarios
O horario de limpeza é de 11:00 a 14:00h. En estancias de máis dunha noite, se non desexa que se realice o servizo de limpeza, colgue o cartel da manilla exterior da porta.
Toallas: Os deterxentes son un factor importante na contaminación das augas, por favor se considera que pode usar toallas un día máis coloquelas nos colgadoiros, pola contra, déixeas no chan da ducha e cambiarémosllas.
Agradecemos calquera tipo de suxerencia pola súa banda para mellorar os nosos servizos e instalacións.
Ante calquera imprevisto ou indisposición, non dubiden en contactar connosco.
Contáctanos se tes algunha dúbida
De 11:00 a 19:00 no teléfono 699 517 564 ou a través do noso correo electrónico reservas@aleira116.com